Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de abril de 1995 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para as ensinanzas de réxime xeral e se autoriza o uso dos libros de textos e dos correspondentes materiais curriculares en centros públicos e privados.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regulou a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto estableceu como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e definiu as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan nos anexos correspondentes ás ensinanzas de educación primaria, anexo I, e de educación secundaria, anexo II, así como o uso, nos centros docentes públicos e privados, dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Segundo.-Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na dita Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO I

RELACIÓN DOS PROXECTOS EDITORIAIS SUPERVISADOS

-Editorial: Oxford University Press España.

Proxecto: proxecto editorial «Projet English 1A-1B» de inglés para o terceiro ciclo de educación primaria.

-Editorial: Ediciones S.M.

Proxecto: proxecto editorial «Lingua» de lingua e literatura galegas para o terceiro ciclo de educación primaria.

ANEXO I

RELACIÓN DOS PROXECTOS EDITORIAIS SUPERVISADOS

-Editorial: Richutond Publishing/Santillaña, S.A.

Proxecto: proxecto editorial «Freeform 1 e 2» de inglés para o primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria.