Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 182/1995, do 16 de xuño, polo que se declara a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de clave CN-26-07-1994. Casetas no Barqueiro.

Con data 7 de novembro de 1994 o director xeral de Obras Públicas aprobou o proxecto de Casetas no Barqueiro.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxencia ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia, en virtude do artigo 2 do Decreto 167/1982, do 1 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de portos, e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia

e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropia ción forzosa, en relación co previsto no artigo 8 do da Lei 25/1988, do 29 de xullo, a proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación, dos bens e dereitos precisos que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación, no proxecto das obras de clave CN-26-07-1994 Casetas no Barqueiro.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda