Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.194

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 xuño de 1995 pola que se fai pública a composición do Consello Universitario de Galicia.

A Lei 5/1987, do 27 de maio, (DOG do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia modificada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia crea o Consello Universitario de Galicia como órgano de consulta e asesoramento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización da política de coordinación e planificación universitaria de Galicia.

O artigo 12 da Lei 5/1987 e o artigo 4 do Decreto 240/1992, do 30 de xullo, (DOG do 12 de agosto), polo que se aproba o Regulamento do Consello Universitario de Galicia regulan a composición do Consello Universitario de Galicia.

Recibido nesta consellería escrito do Parlamento de Galicia coas designacións feitas pola Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia, dos membros que lle corresponden no Consello Universitario de Galicia, de acordo coa Lei 5/1987 e o Decreto 240/1992, e publicado o Decreto 276/1994, de 8 de setembro, (DOG do 15 de setembro) e o Decreto 98/1995, do 31 de marzo, (DOG do 18 de abril) polos que se nomean respectivamente os membros dos consellos sociais das universidades da Coruña e Vigo.

Esta consellería, facendo uso das atribucións que lle están conferidas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, (DOG nº 23, do 21 de marzo de 1983), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, (DOG nº 208, do 28 de outubro de 1988), e da autorización establecida na disposición derradeira do Decreto 240/1992, polo que se aproba o Regulamento do Consello Universitario de Galicia,

DISPÓN:

Artigo único.-Facer pública a composición do Consello Universitario de Galicia, que estará constituído polos seguintes membros:

1. Presidente: Juan Piñeiro Permuy, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Vicepresidente: José Manuel Touriñán López, director xeral de Universidades e Investigación.

3. Vocais:

A) Os rectores das universidades galegas:

-Francisco Darío Villanueva Prieto, rector da Universidade de Santiago de Compostela.

-José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

-José Antonio Rodríguez Vázquez, rector da Universidade de Vigo.

B) Os presidentes dos consellos sociais, correspondentes ás universidades galegas:

-Emilio Pérez Nieto, presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

-José Luis Méndez López, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña.

-Armando Priegue Guerra, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

C) Membros elixidos pola Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia:

-David Ferrer Garrido.

-José Luis Méndez Romeu.

-Diego Murillo Carrasco.

-José Fernando San Martín Artiñano.

-Mauro Varela Pérez.

4. Secretario: Eleutino Álvarez Álvarez, subdirector xeral de universidades.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria