Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de pavimentación de camiños nas parroquias de Vilamaior e Barbeiros (concello de Ordes, A Coruña), e catro máis.

Por Resolución do 16 de xaneiro de 1995, da Secretaria Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as obras ás empresas:

1. Pavimentación de camiños nas parroquias de Vilamaior e Barbeiros (concellos de Ordes, A Coruña): X-2495.

Francisco Gómez y Cía, S.L., importe de adxudicación 36.241.000 pesetas.

2. Acondicionamento de camiños en Labio (Lugo): X-3276.

Ramón Cortizo Lois importe de adxudicación: 20.700.000 pesetas.

3. Acondicionamento asfáltico de camiños en Cospeito (Lugo): X-3290.

Ocsa Empresa Constructora, S.L., importe de adxudicación: 79.916.219 pesetas.

4. Acondicionamento de accesos de núcleos rurais na Fonsagrada (Lugo): X-3250.

Noceda, S.L., importe de adxudicación: 15.888.000 pesetas.

5. Camiño de Partovia-Varille (concello do Carballiño-Ourense): X-3283.

Ogando, S.A., importe de adxudicación: 7.355.920 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

(Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes