Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do servicio de cafetería do centro de servicios sociais de Viveiro.

De conformidade co disposto no artigo 214 do Regulamento xeral de contratación do Estado, faise público que o servicio de cafetería do centro de servicios sociais de Viveiro, do que se anunciou concurso público no Diario Oficial de Galicia número 54, do 14 de febreiro de 1995, foi adxudicado a Mª Paz Geada Vidal, por un importe de explotación anual de 50.000 ptas.

Lugo, 4 de maio de 1995.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo