Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras (expediente X-3136 e catro máis).

Por Resolución do 24 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación, administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as obras ás empresas:

1. Acondicionamento de varios camiños rurais do concello de Esgos (Ourense): X-3136.

Ogando, S.A., importe de adxudicación 13.779.763 pesetas.

2. Acondicionamento de camiños no concello de Sarria (Lugo): X-3318.

Hordescon, S.L., importe de adxudicación: 48.094.000 pesetas.

3. Mellora da capa de rodadura de camiños rurais no concello do Pereiro de Aguiar, fase-II (Ourense): X-2831.

Hordescon, S.L., importe de adxudicación: 19.109.478 pesetas.

4. Acondicionamento de camiños rurais no concello de Boborás (Ourense): X-3100.

Ogando, S.A., importe de adxudicación: 14.325.750 pesetas.

5. Afirmado e mellora da capa de rodadura de camiños rurais no concello de Carballo (A Coruña): X-3261.

Ponciano Nieto González, importe de adxudicación: 53.801.813 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

(Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes