Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución e baixa provisional das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da Sociedade Agraria de Transformación, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988 inscrita no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as baixas provisionais que se citan.

A constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Casamaro, S.A.T. nº 906 XUGA de responsabilidade limitada, domiciliada en Carboentes, Rodeiro (Pontevedra); obxecto social: producción, transformación e comercialización de productos agrarios; capital social: 6.240.000 pesetas; nº de socios: 3.

A baixa provisional de:

A Sociedade Agraria de Transformación Campo Verde nº 736 XUGA, por acordo do 8-3-1995 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dáse de baixa provisionalmente no índice de entidades.

A Sociedade Agraria de Transformación Ponte Carollo nº 787 XUGA, por acordo do 8-3-1995 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dáse de baixa provisionalmente no índice de entidades.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes