Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 30 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, para os pagamentos de indemnizacións do prezo xusto, do proceso expropiatorio e servidumes de instalación eléctrica. (Expediente número 52458).

Faise saber a tódolos propietarios dos predios contidos no expediente de expropiación e imposición de servidumes de paso, sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 66 kV desde a subestación de Carballo á de Cabana, nos concellos de Carballo, Coristanco e Cabana, do que é beneficiario a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, que o día 11 de xullo de 1995, ás 12 horas, se procederá na Casa do Concello de Coristanco ós pagamentos do prezo xusto, conforme as indemnizacións determinadas polo Xurado Provincial de Expropiación, advertíndolles ós interesados expropiados, que serán notificados individualmente, que os pagamentos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

As relacións dos predios ós que proceden os pagamentos, expóñense xunto con este anuncio nos taboleiros oficiais desta delegación e dos concellos a que corresponden.

A Coruña, 30 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña