O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de cuarcita Lorena, situada nos sitios de Parada da Serra, no concello da Gudiña, provincia de Ourense.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Ourense.
-Concello da Gudiña.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1995.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega de Medio
Ambiente
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E
VIVENDA