Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa da obra RC-OUR-95.04 e outra.

1. Obras.

-Travesía en San Roque de Crespos, fase 3ª, modificado. Padrenda.

Clave: RC-OUR-95.04.

Orzamento total: 10.000.000 de ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza provisional: 200.000 ptas.

-Reposición da rede de abastecemento e saneamento en Vilavidal e Picouto. Ramirás.

Clave: OH-OUR-95.12.

Orzamento total: 14.500.000 ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza provisional: 290.000 ptas.

2. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame durante o prazo de presentación das proposicións, os días

e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Ourense, rúa Sáenz Díez, nº 1.

3. Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada nos apartados onde se describen as obras, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

4. Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará as doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

6. Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a Mesa de Contratación ás dez horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións, nas oficinas da Delegación Provincial de Ourense, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

7. Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 2 de xuño de 1995.

Amador Vázquez Vázquez

Delegado provincial de Ourense