Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.158

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (159/1995).

Eu, Gustavo Martín Casteñeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber, que nos autos do procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria que se segue co número 159/1995, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Jesús Alvarellos Travazo e María García Fianjo, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, e por primeira vez, o seguinte predio:

A praza de garaxe sinalada co número 89, que representa un cero coma sesenta e dous por cento (0,62%), do predio número un. Planta de soto destinada a garaxes. Ten a súa entrada ó nivel da rúa pola esquina sureste, tendo a súa vez acceso por tres puntos, con escaleiras descendentes. Atópase construído de forma anular tendo no centro un cadrado sen construír. Destinado a cento cincuenta prazas de garaxe, ocupa a superficie total útil de dous mil seiscentos vintesete metros con cincuenta decímetros cadrados, e ten, na súa maior parte, a nivel subterráneo os seguintes lindeiros: norte, en liña recta de setenta e cinco metros con corredor verde 9; leste, en liña recta de setenta e cinco metros, con zona verde V-2; sur, en liña recta de setenta e cinco metros, con vía 13; e oeste, en liña recta de setenta e cinco metros, con vía 5; e ademais polos catro aires co cadrado central sen construír. Cota de participación con relación ó total do valor do inmoble: seis como corenta por cento

(6,40%).

Inscrición: tomo 1.058, libro 93, folio 13, predio 8.709.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 13 de setembro, ás 10 horas, previndo os licitadores das seguintes condicións:

Primeira.-O tipo de poxa será de un millón cento sesenta e nove mil oitocentas trinta e dúas pesetas, fixado na escritura de préstamo, e non admitiéndose ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segunda.-Para tomar parte na poxa, deberán consignar os licitadores previamente na conta de consignacións deste xulgado, o 20% das ditas cantidades, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceira.-Que os autos e as certificacións a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Cuarta.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo de remate.

Se non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 18 de outubro, ás 10 horas, para a cal servirá de tipo o 75% da valoración, celebrándose unha terceira poxa, de se-lo caso, o día 22 de novembro, ás 10 horas, sen suxeición a tipo.

Dada en Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado