Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE OURENSE

CÉDULA de citación (656/1994).

En virtude do acordado no día de hoxe no J.V.C. 656/1994, seguido neste xulgado, por instancia de María Eugenia Forneiro Cruz, contra José Jiménez Montoya, Rocío Jiménez Montoya, Argimiro Fontao Núñez e o Consorcio de Compensación de Seguros. Acordouse citar ó demandado en ignorado paradoiro, para que o día 3 de xullo ás 10 horas, compareza perante este xulgado para a celebración do correspondente xuízo verbal civil. De non comparecer nin xustificar ningunha causa que llo impida será declarado en rebeldía. Facéndolle saber que a copia da demanda, canda os demais documentos se atopan na secretaría deste xulgado á súa disposición.

E para que conste e sirva de citación en legal forma ó demandado en ignorado paradoiro, Argimiro Fontao Núñez, e a súa publicación no BOP, expido e firmo a presente cédula de citación en Ourense, 1 de xuño de 1995.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA