Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE BETANZOS

CÉDULA de notificación (254/1994).

José Ignacio Fontán Silva, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Betanzos, dou fe e testemuño de que nos autos dos que se fará mención se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia nº 84. En Betanzos o vinteún de abril de mil novecentos noventa e cinco. Os precedentes autos de xuízo de desafiuzamento número 254/1994 foron vistos por Elena Fernanda Pastor Novo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Betanzos. Foi demandante Jesús Silva Costoyas, maior de idade, con domicilio en Santiago de Compostela, polígono do Tambre, vía Edison 24. Estivo representado polo procurador dos tribunais Santiago López Díaz e defendido polo letrado César Rúa Martínez. Foron demandados Encora, S.L., con domicilio social en Bergondo, polígono de Bergondo, Rois, parcela F-11 e María Soraya Otero Martínez, maior de idade, con domicilio na Avda. de Rubine, 11, 5º Esq. (A Coruña), ambos en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador Santiago López Díaz en nome e representación de Jesús Silva Costoyas contra a entidade Encora, S.L. e María Soraya Otero Martínez, declarados en rebeldía e declaro que corresponde segundo dereito o desafiuzamento do local descrito no feito 2º da demanda, debendo os demandados proceder ó seu desaloxamento dentro do prazo legal, deixándoo libre e a dispor do actor baixo apercibimento de lanzamento en caso contrario, todo iso con imposición das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes ás que se lle advirte que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando nesta instancia pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó R.L. da sociedade Encora, S.L., que se atopa en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Betanzos o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE

OURENSE