Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (177/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeina Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 177/1995, que se seguen por coaccións, cítase a José Iglesias Alcalde, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día cinco de xullo, ás 10.30 horas, compareza na Sala de Audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo, nº 24, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode facelo acompañado de avogado, e prevíndoo de que deberá acudir cos medios de proba de que intenten valerse, e que se non o verifica recaerá sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1995.

O secretario xudicial

Rubricado