Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número: IN407A 95/55-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. de distribución tipo subterráneo.

Situación: E. Sagrada Familia-Vilaboa (Culleredo).

Características técnicas:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 70 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Ramallal-Praza de Souto (Expte. 52579) e remate no C.T. a construír en Sagrada Familia-Vilaboa.

-Centro de transformación en soto edificio Sagrada Familia, Vilaboa, de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV. Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de abril 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña