Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número: IN407A 95/42-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. A. Tome, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. a 15/20 V e C.T. de 25 kVA.

Situación: Bofadoira. A Baña.

Características técnicas:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 1573 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta ó C.T. Alan e remate no lugar de Bofadoira

-Centro de transformación aéreo de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, A Baña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña