Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca o concurso público número 15/1995 para a adquisición de diverso material mobiliario con destino ó salón de actos do Conservatorio de Vigo, dependente desta consellería.

Esta consellería resolveu convocar concurso público número 15/1995 para a adquisición de diverso material mobiliario con destino ó salón de actos do

Conservatorio de Vigo, dependente desta consellería. Expediente número 15/1995.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma que sinala a cláusula 7.5-5º do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, edificios de San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposición das 10 á 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, Rúa Nova de Abaixo, 19-21, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de xullo ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.

Documentación a presentar polos licitadores: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións económicas: realizarase o día 28 de xullo a partir das 11 horas.

Prazo de execución: 1 mes contado desde o asinamento do contrato os lotes con anualidade 95 e antes do día 15 de xaneiro de 1996 os lotes con anualidade 96.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Orzamento de licitación: 15.960.000 ptas.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria