Esta consellería resolveu convocar concurso público número 14/1995 para a adquisición de diverso material mobiliario con destino a E.T.U. de Forestais de Pontevedra, dependente desta consellería. Expediente numero 14/95.
Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma que sinala a cláusula 7.5-5º do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.
Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, edificios de San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposición das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, Rúa Nova de Abaixo, 19-21, Santiago de Compostela.
Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o xoves 27 de xullo ás 14 horas.
Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.
Documentación a presentar polos licitadores: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións económicas: realizarase o día 31 de xullo a partir das 10 horas.
Prazo de execución: 1 mes a contar desde o asinamento do contrato os lotes con anualidade 95 e antes do día 15 de xaneiro de 1996 os lotes con anualidade 96.
Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.
Orzamento de licitación: 158.662.000 ptas.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.
P.D. (Orde do 13-12-1993)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria