Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (94/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 94/1995, seguidos por furto; sendo denunciante Avelino Requeijo Porto, maior de idade; e aparecendo como parte denunciada Antonio Ramírez Molina, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver a absolvo libremente a Antonio Ramírez Molina da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Antonio Ramírez Molina, o cal se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o once de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado