Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (208/1995).

En virtude do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 208/1995, que se segue neste xulgado por danos, cítase a Cristina Antelo Nogueira, en calidade de denunciada, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día cinco de xullo ás once horas e dez minutos, compareza na Sala de Audiencias do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo, número 24, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, advertíndoa de que poderá facelo asistida de avogado e provista dos medios de proba dos que intente valerse nel, prevíndoa de que de non verificalo recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1995

O secretario

Rubricado