Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (79/1995).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado

de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vintedous de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Visto por María Fe Meitín Fernández, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 79/1995, seguidos por lesións en agresión; como denunciante Jesús Lima Suárez, maior de idade, natura1 de Cangas, fillo de José e Adelaida, con domicilio en Cunchido, Darbo, Cangas; e que aparece como parte denunciada María Dolores Roo Leis, maior de idade, con domicilio en Santiago de Compostela, r/ Cañoteira, número 1; é parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a María Dolores Roo Leis da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, e declaro as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma a María Dolores Roo Leis, a cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado