Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (482/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 482/1994, seguidos por agresión; é denunciante María Goretti Quintana Rey, maior de idade; e aparece como parte denunciada Adela Bouza Manivesa, maior de idade; é igualmente parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo obsolver e absolvo libremente a Adela Bouza Manivesa da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, e declaro as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado por ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asino».

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Adela Bouza Manivesa, a cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado