Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (439/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 439/1994, seguidos por agresión; sendo denunciante María Mujico del Río, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Reagane Azadine, maior de idade e sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Reagane Azadine como autor responsable dunha falta de lesións en agresión do artigo 582 do Código Penal á pena de un mes de arresto menor, debendo indemnizar a María Mujico del Río na cantidade de 75.000 pesetas.

Asimesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesais causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Reagane Azadine, o cal se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado