Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROVIDENCIA (149/1993).

Nos autos de xuízo de faltas número 149/1993 seguidos neste xulgado por lesións en agresión, dictouse a seguinte proposta de providencia. Secretario García Puertas Magariños. En Santiago de Compostela o catorce de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Dada conta, por presentado o anterior escrito por Elvira Hernández Jiménez, únase ós autos da súa razón. Tense por interposto recurso de apelación contra a sentencia dictada por este xulgado e déase traslado ás demais partes por termo de dez días para que formulen impugnación ou adhesión a el e transcorridos os ditos dez días, estean presentados ou non escritos, elévense ós autos á audiencia provincial no prazo de dous días. Así o propoño a S.Sª. Dou fe. Conforme. A maxistrada-xuíza, rubricado. O secretario, rubricado.

E para que conste e sirva de notificación e traslado a Mª Isabel Lorenzo Rodríguez, María Begoña Lorenzo Rodríguez, María del Carmen Rodríguez Reyes expido e asino a presente providencia en Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA