Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.112

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (249/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e catro. En nome de El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 249/1994, dimanante do procedemento seguido por lesións en agresión, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Dorinda Matos Carballal (denunciante), veciña da rúa Betanzos, nº8-3º esq.; Rita María Matos Carballal (denunciante), veciña da r/ Betanzos, nº 8,-3º Esq.; Rita María Matos Carballal (denunciante) veciña da r/Betanzos, nº8-3º Esq. ; Reagan Hasdin (denunciado), veciño da r/ Amor Ruibal no 22-2º, Santiago de Compostela.

Resolvo que debo condenar e condeno a Reagan Hasdin como autor de faltas de malos tratos de obra, de ameazas e inxurias leves, dos artigos 582.2º, 585.2º e 586. 1º do Código Penal con multas de 25.000 ptas., 15.000 ptas. e 25.000 ptas. respectivamente e pagamento de custas.

Así por esta miña sentencia que lles será notificada ás partes coa advertencia de que, contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795, e 796 da Lei e axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpoñer recurso de apelación, perante o xulgado de instrucción, dentro de cinco días; durante este período as actuacións quedarán en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación a Azaddine Reg

gane, expido e asino este testemuño en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaría xudicial

Rubricado