Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.112

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (161/1994).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de separación conxugal nº 161/1994, nos que recaceu sentencia co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«En Padrón o sete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz en provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de separación conxugal seguidos neste xulgado co nº 161/1994, nos que son parte, como demandante, Mª del Carmen Presas Iglesias, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, e asistida do letrado Evaristo Nogueira Pol, e como demandado, José Buján Mariño, en rebeldía procesual, intervindo o Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando a demanda formulada por María del Carmen Presas Iglesias, representada polo procurador Regueiro Muñoz, contra José Buján Mariño, en rebeldía procesual, debo decretar e decreto a separación matrimonial de ámbolos cónxuxes, con tódolos efectos legais e elevando a definitivas as medidas provisionais acordadas por auto de data dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco».

E para a súa publicidade e para que sirva de notificación ó demandado, non comparecido, José Buján

Mariño, expido o presente edicto en Padrón o vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA