Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.111

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación de remate (44/1994).

En virtude do disposto polo xuíz de primeira instancia e instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo número 44/1994, promovidos por Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, contra Manuel Catoira Coira, Ana Mª Lorenzo Tubío e Antonio Lorenzo González, entre outros, os cales están en ignorado paradoiro, en reclamación de cantidade de 2.427.685 ptas. como principal e a de 1.250.000 ptas. que se calculan para xuros e custas; por providencia do 27 de abril de 1994, por ignorarse o paradoiro do expresado demandado e sen o previo requirimento de pagamento, acordouse o embargo dos seguintes bens de Manuel Catoira Coira:

1.-A parte proporcional do soldo que percibe por tódolos conceptos, incluídas pagas extraordinarias,

da entidade Juan M. Fernández Muñiz, sita en r/ de la Cruz, nº 21 en San Clodio, Asturias.

2.-Vehículo Seat 127 3p, matrícula M-1625-AC.

3.-Máquina agrícola Arrast marca Anvaso, modelo RI HFO 2 30, matrícula PO-24373-VE.

4.-Urbana sita o lugar de Pazo, nº 66, en Rianxo, referencia catastral 001601100 NH12 D.

Acordouse, así mesmo, verifica-la citación de remate por medio do presente edicto, na forma establecida polo artigo 269 da Lei de axuizamento civil, concedéndoselle ó mencionado demandado o termo de nove días para que compareza nos referidos autos e se opoña á execución, se lle conviñer, significándolle que están ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Ó mesmo tempo ponse en coñecemento da herdanza xacente da defunta esposa do demandado Antonio Lorenzo González a existencia do procedemento para os efectos establecidos no artigo 144 do Regulamento hipotecario.

Dado en Padrón o vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado