Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.111

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (335/1994).

En virtude do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Cardesín Díaz, en providencia do 18 de abril de 1995, dictada en autos de xuízo de cognición número 335/1994, por instancia de. Banco Central Hispanoamericano, representado por Ricardo García Piccoli Atanes, contra Jesús María Cendán Vázquez e José Cendán Vázquez, emprázanse os citados demandados Jesús María Cendán Vázquez e José Cendán Vázquez, dos que se descoñece o domicilio, para que no prazo de nove días improrrogables, comparezan en forma nos presentes autos, coa prevención de que se non o verifican serán declarados en rebeldía.

E para que sirva de emprazamento ós citados demandados Jesús María Cendán Vázquez e José Cendán Vázquez, mediante a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ordes o 19 de abril de 1995.

María Luisa Cardesín Díaz

Xuíza