Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.111

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (298/1991).

Esther Couto Rivas, secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, certifico que nos autos de xuízo verbal civil nº 298/1991, recaeu a seguinte sentencia, que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ordes, o tres de xaneiro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por María Luisa Cardesín Díaz, xuíza de primeira instancia e instrucción deste partido xudicial, Viu os autos civís de xuízo verbal, rexistrados co nº 298/1991, tramitados por instancia de José Manuel Ríos Sánchez, maior de idade, casado, empregado, veciño de Ordes, Merelle, representado polo procurador Amado Varela Tobío e asistido do letrado José Lorenzo Vázquez, contra Manuel Viqueira Campos, maior de idade, empregado e veciño de Ordes, Queiruga, Leira e Manuela Campos Boquete, maior de idade, ama de casa e veciña de Ordes, Queiruga, Leira, ambos asistidos do letrado Alejandro Concheiro Nine e contra a entidade Aegon Seguros, en rebeldía, versando sobre reclamación de cantidade, xuros e custas.

Decido que, desestimando a demanda formulada polo procurador Amado Varela Tobío, en nome e representación de José Manuel Ríos Sánchez contra Manuel Viqueira Campos, e contra a entidade Aegon, declarada en rebeldía nestes autos; e desestimando a reconvención formulada por Manuela Campos Boquete contra José Manuel Ríos Sánchez, debo absolver e absolvo a tódolos demandados dos pedimentos dirixidos contra eles, sen facer expresa imposición das custas causadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interponer

recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, que se deberá presentar ante este xulgado.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ós autos, xulgando definitivamente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma á entidade demandada Aegon Seguros, expido e asino o presente edicto en Ordes, o dezaoito de abril de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado