Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.092

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/13-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. tipo edificio.

Situación: Ameneiro-Polígono 28, Ames.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3 (1 x 150) mm Al, de 600 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta C.T. Canela (expediente 13457) e remate a construír en Ameneiro-Polígono 28. Centro de transformación en edificio vivendas, de 400 kVA e tensións de 15/20/0, 380-0,220 kV, Ames.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 27 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña