Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.092

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/11-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en caseta prefabricada.

Situación: Puerto de Fontán, Sada.

Características técnica: liña eléctrica aéreo-subterránca de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e baixo tubo, de 44 m e 130 m de lonxitude, respectivamente nas partes aérea e subterránea, con orixe na liña que alimenta a C.T. Porto de Fontán (expediente 10608) e remate no C.T. tamén en Porto de Fontán. Centro de transformación en edificio prefabricado, de 630 kVA e tensións de 20/0, 280-0,220 kV, Sada.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 27 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña