Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.092

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10-4-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios, e, pola parte social, por CIG, CC.OO. e UGT, o día 25-1-1995 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballos e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que figura nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de abril de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña

Asistentes:

Parte empresarial:

José Luis Fernández González.

Arsenio Mezquiriz Andrade.

Ubaldo Pérez González.

Ramón Salgado Castroagudín.

J. Félix Valderrey de la Huerga.

Parte social:

-CIG

Antonia Mosquera Otero.

Alfredo Santomil García.

Mª Teresa Tarrío Gómez.

-CC.OO.

Manuel Rivera Pardo.

-UGT

Juan Carlos Alonso Herrero.

Na Coruña, nos locais da AISS, sendo as 16.30 horas do día 25 de xaneiro de 1995, reúnense as persoas á marxe relacionadas, como membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais, co obxecto de proceder a aplica-la revisión económica que establece o parágrafo primeiro do artigo 27 do convenio colectivo así como a revisión salarial para 1995 de acordo, co establecido no artigo 17.

Aplícase, con efectos do 1-1-1995, unha revisión salarial polo exceso do IPC de 1994 nun 0,3%. Anexo I.

Despois de realizada esta revisión aplícase a suba salarial pactada para 1995, tamén con efectos do

1-1-1995, nun 4,5%, sobre as táboas anteriores. Anexo II.

As axudas de custo que establece o artigo 25, e depois das correspondentes revisións, quedan na seguinte contía: 4.968 ptas., cando se teña que comer e pernoctar fóra da casa; 2.981 ptas., cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio; e 1.677 ptas., cando se realice unha soa comida.

Así mesmo, establécese como salario mínimo convenio para 1995, artigo 41, o correspondente á categoría laboral de peón, que queda establecido en 1.298.159 ptas. brutas anuais.

Acórdase remitir a presente acta, cos seus anexos, á Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Interior, Xustiza e Relacións Laborais da Xunta de Galicia para que se proceda ó seu rexistro e posterior publicación no BOP.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión sendo as 18 horas do día do encabezamento.