Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 27 de xuño de 1995 Páx. 5.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/30-2, libro rexistro 4284 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti-

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación da parroquia de Santa María de Muxa, lugares de Muxa de Arriba, Eirexe e Quintián.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 11 e 420 metros de lonxitude respectivamente, Eirexe e Quintián, con conductor LA-30, con apoios metálicos. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000/380-220 V, en apoio metálico, ó final da liña L.M.T. de Quintián. Dúas redes de baixa tensión independentes, con conductores R.Z.-95-50-25, en apoios de formigón ou grampados en fachada.

Orzamento: 16.750.931 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo