Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 27 de xuño de 1995 Páx. 5.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/38-2, libro rexistro 4295 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Barxa, parroquia de Sta. Leocadia.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 594 metros, a de Barxa, 50 metros a de Piñor, sobre apoios de formigón vibrado, torres metálicas e conductor LA-56 de 54,6 mm de sección. Centros de transformación de 100 kVA, en Barxa e Piñor, todos eles de 20.000-10.000/380/220 V ± 5%, sobre torres metálicas ó final das liñas. Redes de baixa tensión sobre apoios de formigón con conductor R.Z.-95-50.

Orzamento: 18.450.466 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo