Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 27 de xuño de 1995 Páx. 5.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia, polo sistema de adxudicación directa, as obras de construcción dun ximnasio no Instituto Politécnico de Ourense e dúas máis.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de adxudicación directa as obras que se citan:

1. Construcción dun ximnasio no Instituto Politécnico de Ourense.

Orzamento de licitación: 39.917.947 ptas. (trinta e nove millóns novecentas dezasete mil novecentas corenta e sete pesetas).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

2. Construcción dun ximnasio no instituto de F.P. A Farixa de Ourense.

Orzamento de licitación: 46.148.351 ptas. (corenta e seis millóns cento corenta e oito mil trescentas cincuenta e unha pesetas).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

3. Construcción dun ximnasio no instituto de BUP e FP da Rúa (Ourense).

Orzamento de licitación: 34.661.462 ptas. (trinta e catro millóns seiscentas sesenta e unha mil catrocentas sesenta e dúas pesetas).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos interesados na Delegación Provincial de Educación -Servicio de Contratación- rúa Concello, 13-4ª planta.

O prazo de presentación de proposicións será de 15 días hábiles contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás 13 horas do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria.

Tódolos gastos que orixine a publicación do presente anuncio correrán a cargo das empresas adxudicatarias.

Ourense, 13 de xuño de 1995.

José Luis Muñoz Lechón

Delegado provincial de Ourense