Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 27 de xuño de 1995 Páx. 5.073

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (201/1995-05).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria número 201/1995, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, S.A., representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra Cándido Fernández Sampedro e Construvent Estradense, S.A., ámbolos dous con enderezo na rúa República do Salvador, número 6-4º D, Santiago de Compostela, acordei a celebración de poxa pública, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándose con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas condicións seguintes:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate na primeira poxa o vindeiro día vintesete de xullo do ano que andamos, ás once horas, na sala de audiencias deste xulgado, polo tipo de trinta e seis millóns cincocentas corenta e oito mil oitocentas vinte pesetas (36.548.820 ptas.) respecto do predio A), trinta e seis millóns cincocentas corenta e oito mil oitocentas vinte pesetas (36.548.820 ptas.) respecto do predio B), noventa e dous millóns trescentas trinta e cinco mil trescentas vinte pesetas (92.335.320 ptas.) respecto do predio C), e corenta e dous millóns catrocentas sesenta e sete mil corenta pesetas (42.467.040 ptas.) respecto do predio D), fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. No suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día vintedous de setembro do ano que andamos, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a cal servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día dezasete de outubro do presente ano, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, os licitadores -agás o acredor demandante- deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, cantidade que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo de facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0203/95, presentando o xustificante de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que os poidan examinar os que desexen tomar parte nas poxas, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que se poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e as preferentes ó crédito do actor, se as houbese, continuarán subsistentes, e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario as acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelas, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

7. Poderánse facer ofertas en prego pechado e o remate poderase verificar en calidade de o ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana na que estivese sinalada a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, a cal se reservará en depósito como garantía de cumprimento da obriga, e se é o caso, como parte do prezo de venda.

10. Se o pedise o acredor ata o mesmo momento da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten, e que tivesen cubertos coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e quixesen aproveita-lo remate doutros ofertantes, e sempre pola orde delas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate, notificaráselles ós debedores no enderezo que se fixou na escritura de constitución da hipoteca e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens que se poxan.

Predio A). Número tres. Vivenda da dereita no relanzo da escaleira segundo se entra, do piso primeiro, da casa sinalada co número un da Avda. de José Antonio, da cidade de Santa Uxía de Ribeira, que se compón de nove habitacións, cuarto de servicio, incluída a cociña e o cuarto de baño, dunha superficie de cento cincuenta metros cadrados. Linda: polo leste, que é a súa fronte, paseo de José Antonio Primo de Rivera; oeste, ou costas, de herdeiros de Juan Ramón Correa e Julio Pérez Martínez; norte, ou dereita, de Jesús Blanco, parede medianeira no medio; sur, ou esquerda, coa vivenda da esquerda da mesma casa. Cota de participación, o once por cento (11 %).

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 793, libro 201, folio 134, predio número 9.483.

Predio B). Número catro. Vivenda da esquerda no relanzo da escaleira segundo se entra, do piso primeiro da casa sinalada co número un da Avda. de José Antonio, da cidade de Santa Uxía de Ribeira, que consta de nove habitracións incluída a cociña e o cuarto de baño, cun cuarto de servicios, da superficie de cento cincuenta metros cadrados. Lindeiros: leste, que é a súa fronte, paseo de José Antonio

Primo de Rivera; oeste ou costas, de herdeiros de Juan Ramón Correa e Julio Pérez Martínez; norte, ou dereita, a vivenda da dereita do piso primeiro da mesma casa, e sur, ou esquerda, a rúa Romero Ortiz. Cota de participación: o once por cento (11%).

Inscrita no rexistro da Propiedade de Noia, tomo 474, libro 89, folio 112, predio número 9.484.

Predio C). Número doce. Vivenda sinalada coa letra A do quinto andar do edificio sinalado co número oito, da rúa Doutor Teijeiro desta cidade de Santiago de Compostela. Superficie útil cento setenta e tres metros e vinte centímetros cadrados. Lindeiros, con inclusión do relanzo e ocos de escaleiras, caixa do ascensor e patio de luces; fronte, rúa Doutor Teijeiro; fondo terreo das Srtas. Stolle Ogando; dereita segundo se entra, casa número seis da rúa Doutor Teijeiro; esquerda, casa número dez da mesma rúa. Cota de participación, o 13,30 por cento.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, no tomo 1.098, libro 129, folio 127, predio 12.591.

Predio D). Número trece. Vivenda sinalada coa letra A do piso de aproveitamento de baixo cuberta do edificio sinalado co número oito da rúa Doutor Teijeiro desta cidade de Santiago de Compostela. Superficie útil setenta e dous metros e trinta e sete decímetros cadrados. Lindeiros, con inclusión de patio de luces, relanzo e ocos de escaleira e ascensor: fronte e fondo, tellado e caída do tellado da casa; dereita entrando, casa número seis da rúa Doutor Teijeiro; esquerda, casa número dez da mesma rúa. Cota de participación 5,50 por cento.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, no tomo 1.098, libro 129, folio 129, predio 12.598.

Dado en Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado