Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 177/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde unha arqueta na rúa Eugenio Kraff da L.M.T. 42.24 Balaídos, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa Eugenio Kraff e rematando na arqueta citada, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.V. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV/398/230 V. R.B.T., soterrada, de 290 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 8.244.074 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 21 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra