Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a declaración da condición de mineral do manancial Agua de Folgueiras.

Jesús Bendaña Suárez, delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Manuel Expósito Mon con DNI 76.570.786-Z, veciño de Lugo, con domicilio en Avda. de Carrero Blanco, nº 232, 2º E, como propietario do manancial Agua de Folgueiras, sito na parroquia de Vilapún, concello de Cervantes, provincia de Lugo, no lugar denominado Vilarguite, solicita a declaración da condición de mineral.

O que se fai público co fin de que tódolos que teñan a condición de interesados, no prazo de vinte días, contados desde o seguinte á publicación do presente anuncio, poidan face-las alegacións que coiden pertinentes.

Lugo, 2 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo