Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Electra Cuntiense.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. Campo ata o C.T. que se proxecta en Cuntis III, concello de Cuntis.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 700 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA e 125 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.R.B.T., de 280 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Orzamento. 16.100.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 3 de abril de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra