Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 95/31-2, libro rexistro: 4283 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación da parroquia de Tirimol, 2ª fase.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión con conductores R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados en fachada, nos lugares de Seivane e Brea.

Orzamento: 6.012.916 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo