Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras do proxecto de construcción de edificio para Escola Oficial de Idiomas de Ourense.

Esta consellería, unha vez cumplidos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra que se cita:

-Proxecto de construcción de edificio para Escola Oficial de Idiomas de Ourense.

-Orzamento de licitación: 172.566.284 ptas. (cento setenta e dous millóns cincocentas sesenta e seis mil duascentas oitenta e catro pesetas).

-Prazo de execución: 9 meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

-Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de pro

posicións das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 30 de xuño de 1995.

-Lugar de presentación das proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto as proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

-Exame da documentación: a Mesa de Contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 10 horas do día 6 de xullo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria