Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra de cubrición de pista e varios no C.P. de Monteporreiro-1 en Pontevedra.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto a obar que se cita:

-Cubrición de pista e varios no C.P. de Monteporreiro-1 de Pontevedra.

-Orzamento de licitación: 19.568.257 ptas. (dezanove millóns, cincocentas sesenta e oito mil duascentas cincuenta e sete pesetas

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría C.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, San

tiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións, das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 28 de xuño de 1995.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, co fin de que se rectifiquen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a Mesa de Contratación ás 12 horas do día 3 de xullo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria