Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncian, polo sistema de contratación directa, as obras que se citan (reparación da cuberta do centro de EXB do Vicedo e pavimentación da pista polideportiva no centro de EXB de Foz e outra).

Esta delegación provincial, en virtude do disposto no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, e na Orde do 25 de xaneiro de 1995, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación de obras e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar por contratación directa as obras que a continuación se citan:

1. Reparación da cuberta no centro de EXB do Vicedo e pavimentación da pista polideportiva do centro de EXB de Foz.

Orzamento de contrata: 10.526.760 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación requirida: non se esixe.

2. Reforma e ampliación do aulario no preescolar de Vilalba.

Orzamento de contrata: 19.048.358 ptas.

Prazo de execución: 7 meses

Clasificación requirida: non se esixe.

Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto no Servicio de Contratación desta delegacion provincial, rúa Armando Durán, s/n, durante o prazo de presentación de proposcións, das nove ás catorce horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 10 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: presentaranse no rexistro da Delegación Provincial de Educación, r/ Armando Durán s/n.

Documentación esixida: a especificada nas cláusulas 7.1 e 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: realizaraa a Mesa de Contratación o terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

O importe deste anuncio correrá por conta das empresas adxudicatarias.

Lugo, 25 de maio de 1995.

Ángel Fernández López

Delegado provincial de Lugo