Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación da obra, polo sistema de concurso, de construcción dun polideportivo cuberto nos centros de ensino medio de Viveiro.

Esta delegación provincial, en virtude do disposto no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, e na Orde do 25 de xaneiro de 1995, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar por concurso a obra que a continuación se indica:

-Construcción dun polideportivo cuberto nos centros de ensino medio de Viveiro.

-Orzamento de contrata: 72.568.615 pesetas.

-Prazo de execución: oito meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

O proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares están a disposición dos interesados na Delegación Provincial de Educación, rúa Armando Durán, s/n, 2ª planta. Lugo, durante o prazo de presentación de proposicións, das nove ás catorce horas.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presenta resolución no BOE e rematará o día 19 de xuño de 1995, ás catorce horas.

Lugar de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro da Delegación Provincial de Educación, r/ Armando Durán, s/n, 2ª planta. Lugo.

Documentación esixida: a especificada nas cláusulas do prego.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta delegación o resultado da dita cualificación, co fin de que se emenden dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 10 horas do día 26 de xuño de 1995 na sala de xuntas desta delegación provincial.

O importe do presente anuncio será a cargo da empresa adxudicataria.

Lugo, 24 de maio de 1995.

Ángel Fernández López

Delegado provincial de Lugo