Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995 pola que se inicia expediente de substitución de concesión de servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

V-1432; XG-086, entre Vigo e Tui (ponte internacional), entre O Porriño e Tui por Salceda e entre Tui e Malvas (Titular: Empresa Miño, S.L.).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las observacións que coiden oportunas no prazo de un mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes