Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convoca información pública sobre modificación da concesión do servicio de transporte público regular permanente e de uso xeral de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Vila de Cruces, con anexos: V-7032; XC-406.

Ó amparo do establecido no artigo 79º do regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, a empresa Gómez de Mesía, S.L., titular da concesión, solicita a seguinte modificación:

Calzada-Ordes, provincia da Coruña, con parada en: Calzada, Olas (Soutelo), Vilamaior, instituto de bacharelato e Ordes.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer como parte e, logo de exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación autobuses), efec

tua-las alegacións que consideren oportunas no prazo de un mes, contado, a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes