Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.004

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO VINTEOITO DE BARCELONA

EDICTO (464/1994).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíza de primeira instancia número 28 de Barcelona, de conformidade coa proposta de providencia dictada con esta data nos autos do xuízo declarativo de menor contía nº 464/1994 sección 1ª, seguidos por instancia de Ebro Agrícolas, Compañía de Alimentación, S.A., representada en autos polo procurador Antonio Mª Anzizu Furest contra Comercial Agrícola San Marcos, S.L., Jesús Otero Mínguez e Luisa Domínguez Requejo, emprázase ós referidos demandados para que no termo de dez días comparezan como parte, en autos, en legal forma, coa prevención de que se non comparecen serán declarados en rebeldía e recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento ós demandados Comercial Agrícola San Marcos, S. L., Jesús Otero Mínguez e Mª Luísa Domínguez Requejo, expido o presente edicto en Barcelona o dezaoito de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Fernando González Pérez

Secretario