Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.004

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPREMO, SALA V DO MILITAR

EDICTO.

En virtude do acordado pola Sala V do Militar do Tribunal Supremo en providencia do 27-2-1995 recaída no recurso de casación por infracción da lei contra a sentencia do 28 de abril de 1994 dictada polo Tribunal Militar Territorial Cuarto (A Coruña) preparado por Casiano Salgado Santamaría, domiciliado ultimamente na rúa López Mora, 5, Vigo (Pontevedra) e na actualidade en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto, comunícase ó recorrente mencionado de que se o considera oportuno, designe avogado e interpoña o recurso dentro do prazo de quince días, ante a sala V do Militar do Tribunal Supremo, advertíndolle que se non o fixese, terase por desestimado.

E para que conste e sirva para a súa publicación no DOG así como nos taboleiros de anuncios do Xulgado Togado Militar Territorial nº 41 e do Tribunal Militar Territorial Cuarto (A Coruña), expido o presente edicto en Madrid o 4 de maio de 1995.

O secretario

Rubricado