Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.004

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 5 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Convocada, por Orde do 27 de xaneiro de 1995 (DOG nº 35, do 20 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 27 de xaneiro de 1995 (DOG nº 35, do 20 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1995.

Xosé Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Pose Reino, José Manuel.

NRP ou DNI: 33.230.381.

Grupo: A.

Nivel: 28 A.

Corpo: corpo sanitario do INP (farmacéutico inspector).

Posto de traballo: inspector farmacéutico do equipo central de inspección.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.