Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.005

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (66/1990).

Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, fai saber:

Que no procedemento de autos civís de xuízo de cognición nº 66/1990, seguido neste xulgado, en execución de sentencia que é firme, por instancia de José Taibo García e Carmen Carballal Lagares, dirixidos polo letrado José Portos Freire, contra Victoria Carballal Lagares, en rebeldía; e Angela Carballal Lagares, representada polo procurador Antonio F. Cuns Núñez e dirixida pola letrada Jacoba Millán Acosta, acordouse sacar a pública poxa na sala de audiencia deste xulgado, o próximo día 3 de xullo ás dez horas por primeira vez, e se é o caso por segunda o día 21 de setembro ás dez horas, e por terceira o día 20 de outubro ás dez horas, todas elas do corrente ano; os predios que ó final se describirán baixo as seguintes condicións:

Primeiro: servirá de tipo para a primeira poxa o de catrocentas vinte mil pesetas, para o primeiro dos predios que se poxan e o de un millón cento cinco mil pesetas para a segunda delas; para a segunda poxa o 75% daquel tipo, e para a terceira será sen suxeición a tipo. Non se admitirán posturas nos remates que non cubran as dúas terceiras partes da avaliación.

Segundo: os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, conta 151000014006690) unha cantidade non inferior ó 20% do tipo de cada poxa para a primeira e segunda e na terceira en que non serán inferiores ó 20% da segunda. As posturas poderán facerse desde a publicación deste anuncio depositando á vez as cantidades indicadas.

Terceiro: faise saber que os ditos inmobles áchanse inscritos no rexistro da propiedade.

Cuarto: os autos e as certificacións rexistrais dos ditos predios están de manifesto na secretaría deste xulgado.

Quinto: as descricións dos predios que se poxan son as seguintes:

1)Número 26 do plano xeral de concentración parcelaria de San Pedro de Cardeiro; terreo dedicado a monte ó sitio de Chouzas de Atrás, concello de Boimorto, que linda: norte, Dolores Souto Regueiro (25); sur, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria e Manuel García Sánchez (27); leste, estrada comarcal; oeste, camiño. Mide trinta e sete áreas e sesenta centiáreas.

2) Número 27 do mesmo plano xeral, terreo dedicado a monte, ó sitio de Chouzas de Atrás, concello de Boimorto, que linda: norte, María Carballal Lagares (25); sur, Carmen Carballal Lagares (40); leste, estrada comarcal e oeste, Manuel González Núñez (28). Mide noventa áreas.

Ámbolos dous predios radican no termo municipal de Boimorto, parroquia de Cardeiro.

Dado en Arzúa, 20 de marzo de 1995.

A secretaria.

Rubricado